Skip to main content

Onde Aparcar

Se es corredor, temos descontos en aparcamento na cidade. Non o deixes pasar!

Parking near Santiago Cathedral

Pendente de Confirmación

A información desta páxina está pendente de confirmación. Actualizaremos esta páxina cando teñamos todos os detalles finalizados.

Non vas ter problema

Santiago é unha cidade famosa por non ter moitos lugares de aparcamento ao aire libre. Por iso, recomendamos o seguinte parking no que ademais terás unha tarifa reducida considerabelmente

Parking Catedral Logo

Parking Catedral

O día da carreira, entre as 19:00 do sábado día 30 e as 02:00 do domingo seguinte, poderás gozar dunha tarifa reducida de 7 horas por un prezo de tan só 4€ (en vez de superar os 11,10€, que aplicaríase a tarifa normal para o resto)

Para poder gozala, o cliente deberá pasar pola Oficina de Control (e non pagar directamente nas máquinas), unha vez aparcado ou antes de abandonar as instalacións e acreditar co Dorsal que participa na SantYaGo10K.

  • 400 prazas de aparcamento dispoñibles para a carreira
  • Aberto 24 horas
  • A 200 metros da catedral e do casco antigo
  • Custodia de bicicletas, motos e equipaxes
  • Servizo de alcoholímetros e préstamos de paraugas
  • Prazas especiais para persoas con mobilidade reducida e familias con carriños
  • Wifi gratuíto para clientes

Contacto

C/ Galeras, 9-17

15705 - Santiago de Compostela

O prezo habitual de 7 horas de estacionamento é de 11,10€, con esta promoción son 4,00€

Unha vez excedido o tempo en promoción, aplicarase a tarifa normal por minuto.

Como moverse pola cidade

Santiago é unha cidade relativamente pequena; poderás ir a calquera lado camiñando. Se non, sempre podes coller un bus urbano ou un taxi.

A pé

O casco histórico é peonil e todo está a poucos minutos camiñando. É a mellor forma de descubrir a cidade.

Bus Urbano

A rede de autobuses urbanos conecta todos os barrios. Os billetes pódense comprar no propio autobús ou con tarxeta recargable.

Visitar TUSSA