Recoñecemento ao Esforzo
A SantYaGo10K recoñece o esforzo e dedicación de todos os participantes cun completo programa de premios e recoñecementos.
Consulta o regulamento oficial para máis detalles sobre as categorías, importes e condicións específicas de cada premio.
Esta páxina é unicamente informativa. Para a información oficial completa, consulta o regulamento de premiación ou o regulamento xeral.
Categorías de Premios
Categoría Absoluta
Categoría Masculina
- 1ª posición absoluta: 300€
- 2ª posición absoluta: 200€
- 3ª posición absoluta: 100€
- 4ª posición absoluta: 75€
Categoría Feminina
- 1ª posición absoluta: 300€
- 2ª posición absoluta: 200€
- 3ª posición absoluta: 100€
- 4ª posición absoluta: 75€
Rebaixar Tempo Récord: 100€
- Masculino: 32:01 minutos
- Feminino: 37:02 minutos
Outras Categorías (trofeo)
Tamén obterán trofeo os tres primeiros clasificados masculino e feminino en cada categoría
Categorías Especiais (trofeo)
- Equipo con máis participantes chegados á meta
- Equipo Federado mellor clasificado na proba absoluta (mínimo 5 participantes, e puntuarán os 3 primeiros)
- Equipo NON Federado mellor clasificado na proba absoluta (mínimo 5 participantes, e puntuarán os 3 primeiros)
- O 1º corredor local masculino e feminino da clasificación da proba absoluta
- Premio especial "Cándido Calvo", para o corredor e a corredora de maior idade
Regras
Para poder optar a premios é necesario saber que:
- Os premios serán acumulables.
- Para poder optar a premio por Equipos, os atletas deberán realizar a súa inscrición individualmente e posteriormente deberán enviar por correo electrónico ao enderezo info@santyago10k.run un listado detallando os membros computables ao efecto.
- En caso de empate entre clubs/grupos, premiarase ao que menor suma total de tempos teña ao acabar a proba, igualmente para os corredores de maior idade.
Cerimonia de Premiación
A entrega de premios terá lugar na Praza do Obradoiro tras a finalización da carreira. Non perdas a oportunidade de celebrar cos gañadores!