Gardarroupa
Servizo gratuíto para que corras sen preocupacións
Servizo Gratuíto
Para que só vos preocupedes de correr, poñemos á vosa disposición un servizo de gardarroupa totalmente de balde para os corredores.
Garda as túas pertenzas con nós e disfruta da carreira sen preocupacións. O noso servizo de custodia é seguro, rápido e eficiente.
A Bo Recaudo
Localización
Habilitaremos o gardarroupa nos soportais do Pazo de Raxoi, na Praza do Obradoiro, xunto á liña de meta e moi próximo á liña de saída.
Horario
O servizo estará dispoñible entre as 20:30 e as 00:00.
Importante - Requisitos
- Será imprescindible que tanto na entrega como na recollida leves contigo o teu dorsal.
- Só deste xeito poderemos recoller ou devolverche o que deixes.
- Sen o dorsal non poderemos darte acceso ao servizo.
Pegatina Identificativa
Entregarémoste unha pegatina dentro da bolsa do dorsal; pregamos que xa a traias colocada na túa bolsa ao ir ao gardarroupa para axilizar as colas.
A pegatina leva o teu número de dorsal para identificar facilmente a túa bolsa. Pégaa nun lugar visible.
Exemplo de Pegatina na Bolsa
Sen Mochila?
Se non levas mochila darémosche unha bolsa plástica na que poderás meter as túas pertenzas.