Pendente de Confirmación
A información desta páxina está pendente de confirmación. Actualizaremos esta páxina cando teñamos todos os detalles finalizados.
Por que ser voluntario?
Os voluntarios son o corazón de SantYaGo10K. Sen eles, este evento non sería posible. Únete a nós e vive a carreira desde dentro, coñece xente nova e contribúe a crear unha experiencia inolvidable para todos os corredores.
Que Ofrécemos?
Experiencia Única
Vive o evento desde unha perspectiva diferente e forma parte da organización
Camiseta de Voluntario
Recibe a túa camiseta oficial de voluntario de SantYaGo10K 2026
Certificado
Obtén un certificado oficial de participación como voluntario
Comunidade
Coñece xente nova e forma parte da familia SantYaGo10K
Comida e Bebida
Proporcionamos refrescos e comida durante o teu turno de voluntariado
Recoñecemento ECTS/USC
Estudantes da USC poden obter créditos de recoñecemento académico
Requisitos
Idade Mínima
Ter 16 anos cumpridos o día do evento (menores necesitan consentimento paterno)
Dispoñibilidade
Podes indicar os teus horarios preferidos no formulario e asignaremos os postos segundo a dispoñibilidade
Actitude Positiva
Gañas de axudar, enerxía e boa predisposición para traballar en equipo
Funcións de Voluntariado
Hai diferentes roles dispoñibles. Indicarás as túas preferencias no formulario e asignaremos os postos segundo a dispoñibilidade. Ver información detallada
Inscríbete como Voluntario
Completa o seguinte formulario para unirte ao equipo de voluntarios de SantYaGo10K 2026. Contactaremos contigo cunha confirmación e máis detalles sobre o teu rol asignado.
Consentimento para Menores
Se es menor de idade, necesitas descargar e completar este documento. Podes envialo por correo electrónico ou traelo o día do evento:
Descargar Consentimento PaternoEstudantes da USC
Estudantes da Universidade de Santiago de Compostela poden obter créditos de recoñecemento académico por participar como voluntarios. Para máis información visita:
SEPIU - Servizo de Participación e Inclusión Universitaria


































