Edicións Anteriores
Descubre a orixe desta gran carreira
A Nosa Historia
Esta carreira nace como un proxecto do Club de Atletismo Fontes do Sar e do Multiusos Fontes do Sar – Complexo Deportivo Santa Isabel, coa intención de traer á cidade de Santiago de Compostela unha Carreira Nocturna Homologada.
Traballamos coa idea de ofrecer un percorrido que permita desfrutar do encanto do casco histórico da cidade aos corredores populares, locales ou foráneos, e ao mesmo tempo ofrecer un trazado o máis chan posible e que permita desputar a carreira a aqueles que fan do atletismo un modo de vida.
Afortunadamente contamos coa promoción do Concello de Santiago a través de varias concellerías, entre elas a Concellería de Servicios Sociales por medio do Departamento Municipal de Deportes do Concello de Santiago ou a Concellería de Economía, no tocante ao Turismo en Santiago
A nosa intención é iniciar e consolidar un evento anual; buscamos convertilo nun referente deportivo e turístico ao igual que outras competcións de alto nivel desenroladas noutras cidades de Galicia (Coruña, Vigo, Ourense, etc), pero ante todo e sobre todo esperamos que… DESFRUTEDES CORRENDO!
Edicións Pasadas
Revive as anteriores edicións de SantYaGo10K



































