Inscríbete Agora
Estás moi preto de formar parte dunha noite moi especial! Só por inscribirte xa entrarás en moitos sorteos de regalos.
Inscrición Regular
Para todos aqueles que vos gusta planear as cousas con tempo, podedes disfrutar de varias semanas para decidiros.
Inscrición Ampliada
Para os que sodes máis de esperar ata o último momento, non vos ides quedar fóra. O prezo incrementará ao alcanzar os 1500 participantes ou ao chegar á data de corte.
Inscricións Proximamente
O formulario de inscrición estará dispoñible aquí cando comece o período de inscrición.
Volve a consultar na data de apertura para asegurar a túa praza!
Pago en Efectivo
Se desexas realizar o pago con diñeiro en efectivo, non completes este formulario. Deberás achegarte ao Multiusos Fontes do Sar ou ao CD Santa Isabel para realizar a inscrición e o pago presencialmente.
A inscrición só se considera finalizada cando se complete o pago, e o prezo dependerá do día en que realices o pagamento.
Descontos Dispoñibles
Os abonados ao Multiusos Fontes do Sar ou ao CD Santa Isabel disfrutan dun desconto de 2€. Para aplicalo, deberán rexistrarse no propio ximnasio, sen cubrir este formulario.
Os participantes do ano pasado tamén disfrutan dun desconto (enviouse máis información por correo electrónico).



































